Requisitos
Requisitos de acceso
- Titulación requerida
- Pertenecer al grupo B de la Administración parlamentaria y titulación universitaria exigida en las bases.
Requisito según las bases oficiales. Consulta la convocatoria para las equivalencias exactas y el resto de requisitos.
Contenido
Temario de la convocatoria
76 temas oficiales · Acuerdo de la Mesa del Parlamento de Galicia de 23/04/2018 (DOG núm. 93, 16/05/2018), anexo II.
Fontes de dereito
-
1. As fontes do dereito. A lei. O seu procedemento de elaboración. As leis orgánicas. As disposicións do Goberno con forza de lei: decretos leis e decretos lexislativos. Os tratados internacionais. O dereito da Unión Europea. Outras fontes.
Dereito constitucional e institucións
-
2. A Constitución española de 1978. Estrutura e principios básicos. A reforma da Constitución.
-
3. Dereitos fundamentais e liberdades públicas. Dereitos e deberes dos cidadáns. Sistemas de protección dos dereitos e liberdades.
-
4. As institucións básicas do Estado (1). A Coroa. As Cortes Xerais: elección, composición e funcións do Congreso dos Deputados e do Senado. O Goberno: organización, estrutura e funcións.
-
5. As institucións básicas do Estado (2). O poder xudicial: configuración constitucional; o Consello Xeral do Poder Xudicial, o Tribunal Supremo, o Ministerio Fiscal, os tribunais superiores de xustiza. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A Fiscalía Superior da Comunidade Autónoma de Galicia.
-
6. As institucións básicas do Estado (3). O Tribunal Constitucional, composición, competencias, organización e funcións. O control de constitucionalidade das normas con forza de lei. O recurso de inconstitucionalidade e a cuestión de inconstitucionalidade. O recurso de amparo. Os conflitos de competencias. A participación da Comunidade Autónoma na composición do Tribunal Constitucional.
-
7. A organización territorial do Estado. Os estatutos de autonomía. A organización institucional das comunidades autónomas. A delimitación de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas. Relacións de cooperación e de coordinación e sistema de resolución de conflitos.
-
8. A Administración xeral do Estado. Órganos superiores e directivos: ministros, secretarios de estado, subsecretarios, secretarios xerais, secretarios xerais técnicos, directores xerais e subdirectores xerais. Órganos territoriais: delegados e subdelegados do Goberno. A Delegación do Goberno na Comunidade Autónoma de Galicia.
-
9. A Administración local. O municipio. A provincia. A organización municipal e provincial. Outras entidades locais.
Dereito comunitario e institucións europeas
-
10. Fontes do dereito comunitario. Regulamentos, directivas e decisións. As recomendacións e os ditames. Sistema de atribución de competencias á Unión europea e as competencias dos Estados membros. Especial referencia ás relacións entre o Estado e as comunidades autónomas na aplicación do dereito comunitario.
-
11. As institucións da Unión Europea. O Parlamento Europeo. O Consello Europeo. A Comisión Europea. O alto representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade. O Tribunal de Xustiza. O Tribunal de Contas. O Comité Económico e Social. O Comité das Rexións. Outras institucións e órganos.
-
12. Os parlamentos nacionais e autonómicos na Unión Europea. Funcións no proceso de toma de decisións da Unión. Control da adecuación das propostas lexislativas aos principios de subsidiariedade e proporcionalidade. A Comisión Mixta para a Unión Europea das Cortes Xerais. A participación do Parlamento de Galicia no proceso e o seu procedemento.
Dereito autonómico e institucións públicas de Galicia
-
13. A autonomía galega. O Estatuto de autonomía de Galicia: estrutura, contido e natureza xurídica. O Estatuto como norma autonómica e como norma do Estado. A reforma do Estatuto.
-
14. Ordenamento xurídico de Galicia: leis de Galicia. Decretos lexislativos. Regulamentos. O réxime xurídico do exercicio das competencias autonómicas. Aplicación do dereito galego.
-
15. Bases fundamentais da autonomía galega. O territorio. Os símbolos. O recoñecemento da galeguidade. A condición de galego. Os dereitos dos cidadáns galegos e as súas garantías. Os dereitos lingüísticos dos cidadáns galegos.
-
16. Organización política da Comunidade Autónoma de Galicia. As institucións de autogoberno de Galicia.
-
17. O/A presidente/a da Xunta. Estatuto, mandato e competencias. A Xunta de Galicia. Composición, estrutura e funcionamento. Os conselleiros e as conselleiras: competencias, designación, estatuto, mandato, responsabilidade e cesamento.
-
18. A organización administrativa da Comunidade Autónoma. Principios estatutarios e legais de organización administrativa. A organización da Administración xeral da Comunidade Autónoma: órganos directivos, órganos territoriais e unidades administrativas. As corporacións de dereito público de Galicia. As entidades instrumentais do sector público autonómico. O exercicio da potestade regulamentaria pola Administración e do Goberno de Galicia. A acción exterior da Xunta de Galicia. Lei 16/ 2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
-
19. Outras institucións e órganos e a súa relación co Parlamento de Galicia. O Consello de Contas: composición, competencias e funcións. Os senadores representantes da Comunidade Autónoma de Galicia no Senado. O Valedor do Pobo: competencias e funcións.
-
20. Outras institucións e órganos e a súa relación co Parlamento de Galicia. O Consello da Cultura Galega. O Consello Galego de Universidades. O Consello Universitario de Galicia. Os consellos sociais das universidades. A Corporación Radio e Televisión de Galicia. O Consello Económico e Social. O Consello Consultivo de Galicia.
Ver los 56 temas restantes
Dereito autonómico e institucións públicas de Galicia (continuación)
-
21. As competencias da Comunidade Autónoma de Galicia no Estatuto de autonomía: exclusivas, concorrentes e de execución da lexislación do Estado. A Comisión Mixta de Traspasos.
Participación política e sistema electoral
-
22. Os dereitos de participación política. As eleccións. O referendo. Os partidos políticos, estatuto e financiamento. A participación cidadá na actividade das cámaras lexislativas. O dereito de petición.
-
23. O sistema electoral español. A Lei orgánica de réxime electoral xeral e outras fontes normativas. As eleccións ao Congreso dos Deputados e o Senado. As eleccións ás asembleas lexislativas das comunidades autónomas. A elección das entidades locais. O sistema electoral para as eleccións ao Parlamento Europeo. A Administración electoral. Natureza, caracteres, composición, organización e funcionamento. A Xunta Electoral Central. As xuntas provinciais e de zona. As mesas e seccións electorais.
-
24. O sistema electoral galego. A Lei de eleccións ao Parlamento de Galicia e outras fontes normativas. A capacidade electoral pasiva e as causas de inelixibilidade. Capacidade electoral activa. O censo electoral: contido, estrutura, vixencia, rectificación e acceso. A Oficina do Censo Electoral. A Xunta Electoral de Galicia: composición e designación; funcións; organización e funcionamento. O apoio persoal e material da Administración parlamentaria á Xunta Electoral de Galicia.
-
25. O procedemento electoral. A convocatoria das eleccións. As candidaturas: presentación e proclamación. Os recursos contra a proclamación das candidaturas. A campaña electoral: réxime xeral. A propaganda electoral. A utilización de medios de comunicación social de titularidade privada e pública. Órganos competentes e de apoio para a distribución de espazos electorais: a Comisión de Control. As enquisas electorais. A constitución das mesas electorais. Sobres e papeletas. Apoderados e interventores. A votación: en especial a votación por correo. O escrutinio: escrutinio nas mesas e escrutinio xeral. A proclamación de electos.
-
26. Os gastos electorais e de funcionamento das formacións políticas. A Lei galega de financiamento das formacións políticas. Os administradores electorais. As subvencións electorais. O control e a fiscalización dos gastos electorais. As garantías do proceso electoral. Os delitos e as infraccións electorais. Os recursos incidentais durante o proceso. As competencias das xuntas electorais e dos tribunais ordinarios. O procedemento contencioso-electoral. O recurso de amparo electoral.
O Parlamento de Galicia
-
27. As fontes do dereito parlamentario. A Constitución. O Estatuto de autonomía de Galicia. Regulamento do Parlamento de Galicia: estrutura e interpretación. Acordos interpretativos e normas complementarias. Outras fontes. Normas de réxime interior relativas á organización e ao funcionamento do Parlamento. Os precedentes, os usos e os costumes parlamentarios.
-
28. A sesión constitutiva do Parlamento de Galicia. A convocatoria e o desenvolvemento da sesión constitutiva. A mesa de idade. A elección da Mesa do Parlamento. A sesión solemne de apertura da lexislatura. A disolución do Parlamento.
-
29. O Estatuto dos deputados e das deputadas (1). A adquisición da condición plena. A presentación da credencial. A declaración de incompatibilidades. O xuramento ou a promesa. O Rexistro de Intereses da Cámara.
-
30. O Estatuto dos deputados e das deputadas (2). Prerrogativas e dereitos. A inviolabilidade. A inmunidade. O dereito de asistencia. O dereito a integrarse en comisións. O dereito de información. Os dereitos económicos, de protección social e de asistencia material. A salvagarda dos dereitos polo presidente ou a presidenta da Cámara.
-
31. O Estatuto dos deputados e das deputadas (3). Deberes. O deber de asistencia. O deber de boa conduta. O deber de realizar declaración de bens e actividades. O deber de observar as normas sobre incompatibilidades. A disciplina parlamentaria. Obrigas e sancións. A suspensión. A perda da condición.
-
32. Os grupos parlamentarios. Constitución, composición e funcionamento. O grupo parlamentario mixto. Singularidades na composición dos grupos parlamentarios. Os medios materiais postos á disposición dos grupos. O financiamento dos grupos e a publicidade (publicación no Portal de transparencia do balance e conta de resultados) e control externo das subvencións (rendición de contas dos grupos parlamentarios ante o Tribunal).
-
33. Os órganos de goberno (1). A Mesa. Composición, elección e funcionamento. Funcións normativas. Funcións administrativas. Funcións cualificativas. Funcións organizativas. Funcións residuais.
-
34. Os órganos de goberno (2). A Presidencia. Funcións xerais. Funcións residuais. O réxime de suplencia.
-
35. Os órganos de goberno (3). A Xunta de Portavoces. Composición. Funcións. Funcionamento.
-
36. Os órganos funcionais (1). O Pleno. Composición. Convocatoria. A publicidade plenaria. A fe pública das sesións plenarias. A execución dos acordos.
-
37. Os órganos funcionais (2). A Deputación Permanente. Funcións. Composición. Réxime de funcionamento. A execución e a dación de contas dos acordos.
-
38. Os órganos funcionais (3). As comisións. Composición. Constitución. Presidencia e Mesa. Competencias. Réxime de funcionamento. Duración dos traballos. As ponencias e os grupos de traballo.
-
39. Os órganos funcionais (3). As comisións. Tipoloxía. As comisións permanentes lexislativas. Enumeración. Especificidades.
-
40. Os órganos funcionais (3). As comisións. As comisións permanentes non lexislativas. Especificidades na súa composición e funcionamento. Enumeración. A creación de comisións para unha lexislatura.
-
41. As comisións especiais: comisións de estudo e comisións de investigación. Creación. Especificidades na súa composición, competencias e réxime de funcionamento.
-
42. O funcionamento do Parlamento (1). A programación do traballo parlamentario. Os períodos de sesións. Calendarios. A repartición proporcional da inclusión de iniciativas.
-
43. O funcionamento do Parlamento (2). O desenvolvemento das sesións. A deliberación e os acordos parlamentarios. A fixación da orde do día. Alteración da orde do día. Os debates. As alusións. As chamadas ao cumprimento do regulamento. O dereito de réplica. As facultades moderadoras da Presidencia. As votacións. O quórum legal. A orde parlamentaria nos debates. A chamada á orde. As chamadas á cuestión. Definición. Sanción. A orde no recinto parlamentario. Principio xeral. Ámbito do poder disciplinario. Poderes de policía nas sesións. A orde nas tribunas. Condutas punibles. Medidas adoptables. O desenvolvemento das votacións. Clases. Os empates. A explicación do voto.
-
44. O funcionamento do Parlamento (3). A publicidade da actividade do Parlamento. As publicacións oficiais. A páxina web. O portal de transparencia.
-
45. A participación cidadá na actividade do Parlamento. As proposicións de lei de iniciativa popular. As proposicións non de lei de iniciativa popular. As preguntas da cidadanía. O dereito de petición. Os procedementos relativos á participación cidadá e ao dereito de petición. A Lei 7/2015, do 7 de agosto, de iniciativa lexislativa popular e participación cidadá no Parlamento de Galicia.
-
46. A actividade exterior do Parlamento. A Conferencia de Asembleas Lexislativas Rexionais de Europa (CALRE): organización e funcionamento. A Conferencia de Presidentes e Presidentas de Parlamentos Autonómicos do Estado Español (Coprepa): organización e funcionamento.
-
47. Os procedementos parlamentarios (1). Os procedementos de natureza normativa (1). O procedemento lexislativo ordinario. A iniciativa lexislativa. A tramitación dos proxectos de lei e das proposicións de lei.
-
48. Os procedementos parlamentarios (2). Os procedementos de natureza normativa (2). Os procedementos lexislativos especiais (A). As leis de desenvolvemento básico do Estatuto de autonomía. A iniciativa. O procedemento. A reforma do Estatuto de Galicia. O proxecto de lei de orzamentos anual. Marco de tramitación. Debate e aprobación.
-
49. Os procedementos parlamentarios (3). Os procedementos de natureza normativa (3). Os procedementos lexislativos especiais (B). A tramitación dun proxecto de lei en lectura única. Substanciación. Aprobación. A competencia lexislativa plena das comisións. Iniciativa. Substanciación. Aprobación.
-
50. Os procedementos parlamentarios (4). Os procedementos de natureza normativa (4). Outras propostas de normas. Procedemento de reforma da Constitución. Procedemento de reforma do Estatuto de autonomía. Proposicións de reforma do Regulamento do Parlamento. Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia. Procedemento de revisión do dereito civil de Galicia. Convenios de cooperación con outras comunidades autónomas.
-
51. Os procedementos parlamentarios (5). A Xunta como destinataria da confianza parlamentaria. A investidura. Concepto. Substanciación. A moción de censura. Concepto. Substanciación. A cuestión de confianza. Concepto. Procedemento. Votación.
-
52. Os procedementos parlamentarios (6). Os procedementos de control e impulso (1). O control das disposicións da Xunta de Galicia con forza de lei. A delegación lexislativa na Comunidade Autónoma de Galicia. Procedemento. As comunicacións da Xunta de Galicia. O debate de política xeral. Exame de programas e plans.
-
53. Os procedementos parlamentarios (7). Os procedementos de control e impulso (2). As proposicións non de lei. Concepto. Suxeitos. Obxecto. Procedemento. A cualificación pola Mesa do Parlamento. Emendas. Inclusión na orde do día. Debate. As mocións. Concepto. Suxeitos. Obxecto. Procedemento. A cualificación pola Mesa do Parlamento. Emendas. Inclusión na orde do día. Debate.
-
54. Os procedementos parlamentarios (8). Os procedementos de control económico e orzamentario. Os informes anuais de fiscalización das contas do sector público de Galicia. Os informes de fiscalización selectivos. O informe de fiscalización dos gastos electorais. A conta xeral da Administración da Comunidade Autónoma. Os informes sobre o estado de execución do orzamento. As modificacións orzamentarias. O plan económico-financeiro específico vixente das consellerías, os organismos autónomos e as sociedades públicas. A información sobre os préstamos e avais do Instituto Galego de Promoción Económica. O límite de gasto non financeiro da Comunidade Autónoma.
-
55. Os procedementos parlamentarios (9). Os procedementos de información. As informacións remitidas pola Xunta de Galicia como consecuencia de mandatos normativos. Tipoloxía e tramitación. As solicitudes de comparecencia da Xunta. En pleno. En comisión. Suxeitos. Procedemento. Decaemento. As preguntas. Suxeitos. Procedemento. Tipos: orais en pleno, orais na comisión, para resposta por escrito. Tramitación. A reconversión das preguntas. As solicitudes de informes, datos e documentos (artigo 9 e artigo 44).
-
56. Os procedementos parlamentarios (10). Os procedementos relativos ás relacións do Parlamento con outras institucións e órganos: – Valedor do Pobo. Regulamento de organización e funcionamento. Informes do Valedor do Pobo. Ordinarios. Extraordinarios. Resolucións do Valedor do Pobo. – Consello de Contas. Normas relativas ao Consello de Contas. Memoria de actividades. Plan de traballo – Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Memoria do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. – Fiscalía Superior da Comunidade Autónoma de Galicia. Memoria anual da Fiscalía Superior da Comunidade Autónoma de Galicia. – Instituto Galego de Estatística. Informe de avaliación do Plan galego de estatística. Informe de seguimento do Programa estatístico anual. – Tribunal Constitucional. Recursos de inconstitucionalidade. Cuestións de inconstitucionalidade. Recursos de amparo – Unión Europea. Control da aplicación do principio de subsidiariedade nas iniciativas lexislativas europeas. Rede de seguimento da subsidiariedade do Comité das Rexións. CALRE.
-
57. Os procedementos parlamentarios (11). Os procedementos de elección, designación e proposta de nomeamento. Senadores en representación da Comunidade Autónoma. Candidatos a maxistrados do Tribunal Constitucional para lle presentar ao Senado. Terna para a provisión de vacantes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Valedor/a do pobo e adxunto/a. Membros do Consello de Contas de Galicia. Vogais da Xunta Electoral de Galicia. Director/a xeral da Corporación Radio e Televisión de Galicia e membros do Consello de Administración da Corporación Radio e Televisión de Galicia. Consello Galego de Universidades/Consello Universitario de Galicia. Vogais dos consellos sociais das universidades de Galicia. Vogais do Consello de Bibliotecas de Galicia. Consello Galego de Ensinanzas Artísticas Superiores. Representantes da Comunidade Autónoma de Galicia nas asembleas xerais das caixas de aforros.
Organización administrativa do Parlamento de Galicia
-
58. O procedemento administrativo: concepto e natureza. Fases do procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrución, finalización. O silencio administrativo. O acto administrativo: concepto, clases e elementos. Requisitos e eficacia dos actos administrativos: motivación, notificación e publicación. Nulidade e anulabilidade dos actos administrativos. A revisión de oficio. Os recursos administrativos: concepto, clases e principios xerais de regulación. Outros procedementos de impugnación. A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
-
59. A organización administrativa. Disposicións xerais, principios de actuación e funcionamento do sector público. Administración xeral do Estado. Organización e funcionamento do sector público institucional. Relacións interadministrativas: principios xerais, deber de colaboración, relacións de cooperación. Relacións electrónicas entre as administracións. A Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
-
60. A autonomía administrativa do Parlamento. O Regulamento de organización e funcionamento da Administración do Parlamento de Galicia. A estrutura orgánica da Administración parlamentaria. As unidades administrativas. Os órganos da Administración parlamentaria. O réxime xurídico administrativo. Réxime xurídico das disposicións. O procedemento administrativo na Administración parlamentaria. O réxime xurídico dos bens da Administración parlamentaria.
-
61. O Estatuto de persoal da Administración parlamentaria (1). Obxecto e ámbito de aplicación. Órganos de persoal. Clasificación do persoal da Administración do Parlamento de Galicia e rexistro de persoal. Comezo e extinción da relación de servizo. Planificación e ordenación do persoal da Administración do Parlamento de Galicia. Provisión de postos e mobilidade. Acceso ao emprego público. Carreira e promoción profesional. Avaliación do desempeño. Formación e perfeccionamento.
-
62. O Estatuto de persoal da Administración parlamentaria (2). Situacións administrativas. Sistema retributivo. Vacacións, licenzas e permisos. Representación, participación, negociación colectiva e dereito de reunión. Incompatibilidades. A protección social do persoal. O réxime disciplinario do persoal da Administración parlamentaria.
-
63. A Seguridade Social. Réxime xeral e réximes especiais. A acción protectora da Seguridade Social. Tipos e características das prestacións. Réxime de incompatibilidades. Prescrición e caducidade. Reintegro de prestacións indebidas.
-
64. A xestión económica e financeira na Administración parlamentaria. O orzamento do Parlamento de Galicia: contido, elaboración, aprobación e prórroga. Os créditos e as súas modificacións. A execución e liquidación do orzamento. Os principios de actuación contable e a conta xeral do Parlamento de Galicia. O control e a fiscalización da xestión económica e financeira. A aplicación do principio de transparencia na xestión orzamentaria. A xestión dos gastos de persoal: retribucións, devindicacións e liquidación. A xestión e o control dos gastos contractuais: autorización e compromiso de gastos, recoñecemento do deber, pagamento. A xestión dos gastos de transferencias. Regulamento de réxime orzamentario e contable do Parlamento de Galicia e do Valedor do Pobo, BOPG nº 362, do 27 de maio de 2003.
-
65. Os principios e o réxime xurídico da contratación pública. Os contratos das sector público: natureza, caracteres e clases. Elementos dos contratos administrativos. Partes no contrato, obxecto, orzamento base de licitación, valor estimado, prezo do contrato e a súa revisión. Garantías exixibles. A preparación dos contratos. A adxudicación dos contratos. Resolución, rescisión e renuncia. Órganos de contratación. Órganos de asistencia. Órganos consultivos. Rexistros oficiais. A Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.
-
66. A contratación administrativa no ámbito da Administración parlamentaria. Disposicións aplicables. A contratación electrónica. O tribunal administrativo de recursos contractuais do Parlamento de Galicia.
-
67. Normativa reguladora e aplicación da política de transparencia no Parlamento de Galicia. Lei 19/2013, do 9 decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno. Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. Acordos da Mesa do Parlamento. O Portal de transparencia do Parlamento de Galicia.
-
68. Normativa reguladora da protección de datos de carácter persoal e aplicación no Parlamento de Galicia.
-
69. Normativa reguladora en materia de igualdade. Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes e a súa incidencia na Administración pública. Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.
-
70. A organización e xestión administrativa (1). Principios e boas prácticas na Administración parlamentaria. O rexistro parlamentario. O expediente parlamentario. O arquivo parlamentario. A actividade exterior da Administración do Parlamento de Galicia: convenios interadministrativos, participación en órganos consultivos e de colaboración (Consello de Avaliación Documental de Galicia / Consello de Arquivos de Galicia / Rede Parlamenta). O portal xurídico.
-
71. A organización e xestión administrativa (2). Dos procesos relativos á constitución e á disolución do Parlamento, ao Estatuto dos deputados e das deputadas, aos órganos de goberno, aos órganos funcionais e ao funcionamento xeral da Cámara.
-
72. A organización e xestión administrativa (3). Dos procedementos lexislativos; as directrices de técnica normativa.
-
73. A organización e xestión administrativa (4). Dos procedementos de control e impulso, de información, de designación e proposta de nomeamento e relativos ás relacións con outras institucións e órganos.
-
74. A Administración electrónica (1). Conceptos básicos (1). Acceso electrónico do cidadáns aos servizos públicos. Ámbito de aplicación e principios xerais. A relación por medios electrónicos dos cidadáns coas administracións publicas. Réxime xurídico da Administración electrónica. A xestión electrónica dos procedementos. Cooperación entre administracións para o impulso da Administración electrónica. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
-
75. A administración electrónica (2). Conceptos básicos (2). O rexistro electrónico. Arquivo electrónico único e custodia dos documentos electrónicos. Sinatura electrónica e certificados. Documentos: concepto e clases. Documentos electrónicos. O arquivo de xestión. Transferencia e eliminación de documentos.
-
76. Administración electrónica (3). Aplicación no Parlamento de Galicia. Regulamento da Cámara para a utilización de técnicas electrónicas, informáticas e telemáticas na actividade parlamentaria (Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia, do 8 de maio de 2006, polo que se aproban as Normas de desenvolvemento do Regulamento da Cámara para a utilización de técnicas electrónicas, informáticas e telemáticas na actividade parlamentaria –BOPG nº 139, do 13 de maio de 2006–). Sede electrónica. Normas de creación da sede electrónica e de regulación da xestión electrónica no Parlamento (Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia, do 20 de marzo de 2017, polo que se aproban as Normas de creación da sede electrónica e de regulación da xestión electrónica no Parlamento de Galicia –BOPG nº 89, do 24 de marzo de 2017–). Política de seguridade. A aplicación do Esquema nacional de seguridade no ámbito da Administración parlamentaria (Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia, do 23 de xaneiro de 2017, polo que se aproban as Normas sobre a política de seguridade da información do Parlamento de Galicia –BOPG nº 52, fascículo 1º, do 25 de xaneiro de 2017–. Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia, do 13 de decembro de 2017, polo que se regula a política de seguridade da información do Parlamento de Galicia –BOPG nº 228, do 18 de decembro de 2017–).
Fuentes oficiales
Documentación oficial del proceso
- Convocatoria Acuerdo de la Mesa del Parlamento de 23/04/2018 (DOG núm. 93, 16/05/2018) Abrir (se abre en una pestaña nueva)
- Plantilla provisional Plantilla de respuestas del primer ejercicio (copia de archivo) Abrir (se abre en una pestaña nueva)
- Resultados Puntuación del primer ejercicio (23/01/2019; copia de archivo) Abrir (se abre en una pestaña nueva)
Enlaces oficiales del organismo (2)
Referencia
Ficha técnica
- Tipo de proceso
- Concurso-oposición
- Tipo de plaza
- Técnico/a de Administración General
- Familia profesional
- Administración y gestión pública
- Grupo / subgrupo
- Subgrupo A1
- Organismo convocante
- Parlamento de Galicia
- Tipo de organismo
- Parlamento
- Provincia
- A Coruña
- Denominación
- 1 plaza del Cuerpo Superior del Parlamento de Galicia (promoción interna, 2018)
Para practicar
Exámenes oficiales
Relacionadas
Más convocatorias de Técnico/a de Administración General
Ver todos los procesos de Técnico/a de Administración General
