Crear cuenta
Examen oficial · APTest

Segundo ejercicio · Celador/a · Servizo Galego de Saúde (SERGAS) 2019

Turno libre

Servizo Galego de Saúde (SERGAS)

10 de marzo de 2019100 preguntas

Cuestionario y respuestas contrastados con fuentes oficiales

Modalidad de la prueba

Test

Carácter
Teórica
Preguntas
100
Corrección automática
Sí
Respuestas correctas
Plantilla definitiva

Contenido del examen

100 preguntas · 4 materias

  • Servicios sociales 92 preguntas · 92 %
  • Informática y TIC 5 preguntas · 5 %
  • Prevención de riesgos laborales 2 preguntas · 2 %
  • Derecho autonómico de Galicia 1 pregunta · 1 %

Sistema de puntuación

  • +0,50 correcta
  • −0,125 incorrecta
  • 0 en blanco

Según la documentación oficial del proceso.

Ver criterio completo

Instrucciones del cuestionario: prueba eliminatoria; 50 preguntas teóricas (E1-E50) con 5 de reserva (E51-E55) y 50 supuestos prácticos (E56-E105) con 5 de reserva (E106-E110), 150 minutos; +0,50 por acierto, −0,125 por error.

Consultar las bases (abre en una pestaña nueva)

Realiza el examen

0 de 100 respondidas

Pregunta 1 de 100 Servicios sociales O celador:
Pregunta 2 de 100 Servicios sociales Con respecto á osixenoterapia:
Pregunta 3 de 100 Servicios sociales Os recipientes de recollida dos residuos procedentes de citostáticos deberán:
Pregunta 4 de 100 Servicios sociales Sinale das seguintes respostas cal non forma parte da unidade do paciente:
Pregunta 5 de 100 Servicios sociales Sinale a opción correcta respecto á expresión "algor mortis" referente a pacientes falecidos.
Pregunta 6 de 100 · N.º original 7 Servicios sociales Os vehículos de transporte sanitario por estrada matriculados con posterioridade ao Decreto 11/2011, entre outras características, de que cor terán a carrocería? Sinale a resposta correcta:
Pregunta 7 de 100 · N.º original 8 Servicios sociales Sinale cal destas é función do celador na Unidade de Críticos.
Pregunta 8 de 100 · N.º original 9 Servicios sociales Indique cal é a respuesta correcta con relación ás chamadas Fontes, que poderíamos atopar dentro das aplicacións de tratamento de textos actuais:
Pregunta 9 de 100 · N.º original 10 Servicios sociales Cando falamos dun tipo de cirurxía, que implica unha incisión externa pequena para inserir instrumentos miniaturizados dentro dunha cavidade ou estrutura corporal, estamos a referirnos a un tipo de cirurxía:
Pregunta 10 de 100 · N.º original 11 Servicios sociales O celador na Unidade de Críticos, debe:
Pregunta 11 de 100 · N.º original 12 Servicios sociales Sinale a afirmación falsa:
Pregunta 12 de 100 · N.º original 13 Servicios sociales O período intraoperatorio:
Pregunta 13 de 100 · N.º original 14 Servicios sociales Que accesorios usará o paciente para realizar pequenos desprazamentos na cama?
Pregunta 14 de 100 · N.º original 15 Servicios sociales Sinale a opción correcta. O palet máis recomendable para almacéns é o denominado eurpalet e as súas dimensións son:
Pregunta 15 de 100 · N.º original 16 Servicios sociales A cirurxía que se emprega para extraer un fragmento de tecido para biopsia, denomínase:
Pregunta 16 de 100 · N.º original 17 Servicios sociales Na posición de Fowler alta, a cama forma un ángulo próximo a:
Pregunta 17 de 100 · N.º original 18 Servicios sociales Ao quirófano que combina unha sala de operacións convencional con sistemas de imaxe como Resonancia magnética, Tomografía computerizada ou Anxiografía, coñecémolo tamén como:
Pregunta 18 de 100 · N.º original 19 Servicios sociales Segundo o Estatuto de Persoal non Sanitario ao servizo das Institucións Sanitarias, os celadores:
Pregunta 19 de 100 · N.º original 20 Servicios sociales Seguindo o Sistema Manchester de Triaxe, os pacientes clasifícanse polas seguintes cores. Sinale a resposta correcta:
Pregunta 20 de 100 · N.º original 21 Servicios sociales Que dimensións (ancho x longo) ten un papel formato DIN A6?
Pregunta 21 de 100 · N.º original 22 Servicios sociales A saba traveseira:
Pregunta 22 de 100 · N.º original 23 Servicios sociales A capacidade mínima da bala portátil de osíxeno esixible ás ambulancias dos tipos A1, A2, B e C segundo o Decreto 52/2015, do 5 de marzo, polo que se regula o transporte sanitario, será de:
Pregunta 23 de 100 · N.º original 24 Servicios sociales Das seguintes definicións en relación aos pacientes falecidos, sinale a opción correcta:
Pregunta 24 de 100 · N.º original 25 Servicios sociales Sinale a opción correcta ao respecto da comunicación:
Pregunta 25 de 100 · N.º original 26 Servicios sociales O consentimento informado é un documento moi habitual na atención sanitario e incorpórase á historia clínica do paciente. Das seguintes opcións, sinale a incorrecta respecto a este documento.
Pregunta 26 de 100 · N.º original 27 Servicios sociales Localice a opción correcta respecto á clasificación sanitaria dos cadáveres e as prácticas sanitarias sobre eles.
Pregunta 27 de 100 · N.º original 28 Informática y TIC Sinale cal dos seguintes é un dispositivo de saída de datos:
Pregunta 28 de 100 · N.º original 29 Servicios sociales Cal dos seguintes utensilios non existe:
Pregunta 29 de 100 · N.º original 30 Servicios sociales Con cantas ambulancias de Soporte Vital Avanzado (AA-SVA) conta o 061?:
Pregunta 30 de 100 · N.º original 31 Servicios sociales Respecto do formato das follas de papel, sinale o correcto:
Pregunta 31 de 100 · N.º original 32 Servicios sociales Sinale a resposta incorrecta con respecto ás caraterísticas xerais da rede Internet.
Pregunta 32 de 100 · N.º original 33 Servicios sociales Entre as funcións do celador de asistencia ao Persoal Sanitario Facultativo e non Facultativo, non está:
Pregunta 33 de 100 · N.º original 34 Servicios sociales Que coñecemos polas siglas D.E.A no ámbito das urxencias sanitarias?
Pregunta 34 de 100 · N.º original 35 Servicios sociales Que nome reciben as modificacións realizadas na postura corporal dun paciente encamado e que forma parte do plan de coidados?
Pregunta 35 de 100 · N.º original 36 Servicios sociales Unha vez que se termina unha intervención cirúrxica con anestesia xeral, trasládase á paciente a:
Pregunta 36 de 100 · N.º original 37 Servicios sociales Durante a práctica dunha desfibrilación a un paciente, que medidas se deben tomar?:
Pregunta 37 de 100 · N.º original 38 Servicios sociales Sinale a resposta correcta respecto ás partes das que consta un código de barras EAN 13.
Pregunta 38 de 100 · N.º original 39 Servicios sociales A normativa vixente, a efectos dun correcto funcionamento dos rociadores automáticos da instalación de protección contra incendios nun almacén, limita a altura de almacenamento en amoreamento vertical a un máximo de:
Pregunta 39 de 100 · N.º original 40 Servicios sociales Cando nunha persoa que padece un trastorno obsesivo-compulsivo se observan os denominados como "ritos compulsivos", en que consisten?
Pregunta 40 de 100 · N.º original 41 Servicios sociales É incorrecto repecto ao celador de porta dun hospital:
Pregunta 41 de 100 · N.º original 42 Servicios sociales Os celadores:
Pregunta 42 de 100 · N.º original 43 Prevención de riesgos laborales Cando se traballa en zonas onde pode existir risco biolóxico debido a salpicaduras de sangue ou fluídos corporais á mucosa ocular ou á cara, que equipo de protección individual é adecuado usar para evitalo?
Pregunta 43 de 100 · N.º original 44 Servicios sociales Cuando falamos de Cadro Balcánico, referímonos a:
Pregunta 44 de 100 · N.º original 45 Servicios sociales Sinale a resposta correcta en relación ás vantaxes das aplicacións de tratamento de textos.
Pregunta 45 de 100 · N.º original 46 Servicios sociales Sinale a resposta correcta en relación aos modelos de sitemas de xestión de bases de datos:
Pregunta 46 de 100 · N.º original 47 Derecho autonómico de Galicia Que norma regula a sanidade mortuoria na Comunidade Autónoma de Galicia?
Pregunta 47 de 100 · N.º original 48 Servicios sociales De entre as seguintes, cal non se considera unha das principais formas de amontoar verticalmente materiais nun almacén en función do espazo existente entre a mercancía?
Pregunta 48 de 100 · N.º original 49 Servicios sociales Dende o punto de vista da peligrosidade infectiva e a efectos de limpeza, cal das seguintes sería unha zona de baixo risco nun hospital?
Pregunta 49 de 100 · N.º original 50 Servicios sociales Sinale cal das seguintes posicións anatómicas non é cirúrxica:
Pregunta 50 de 100 · N.º original 51 Servicios sociales A supervisora do Servizo de Urxencias ordénalle que vaia a buscar os resultados dunha citoloxía dun paciente que permanece en observación de urxencias. A que servizo tería que ir vostede?:
Pregunta 51 de 100 · N.º original 52 Servicios sociales Por problemas de abastecemento, no servicio de reprografía só queda papel formato DIN A3 e necesítase realizar un traballo en papel formato DIN A7. Como a celadora aquí destinada sabe que os distintos papeis formato DIN gardan unha perfecta relación dimensional entre sí, consegue salir do paso de forma exitosa. Cantos papeis formato DIN A7 consegue de cada papel formato DIN A3?
Pregunta 52 de 100 · N.º original 53 Servicios sociales Durante o traslado dende o quirófano ata a sala de espertar, un paciente operado ponse malo e pídenlle que corra buscar un balón de osíxeno. Vostede:
Pregunta 53 de 100 · N.º original 54 Servicios sociales Un amigo de vostede pregúntalle polo estado de saúde dun familiar que está ingresado na planta na que vostede traballa. Vostede:
Pregunta 54 de 100 · N.º original 55 Servicios sociales Condidérase recomendable limitar o uso da transpaleta mecánica manual para o transporte de cargas que non superen os:
Pregunta 55 de 100 · N.º original 56 Servicios sociales A supervisora mándalle levar unha petición para facer un Eco-Doppler a unha dona ingresada. A onde a levará?
Pregunta 56 de 100 · N.º original 57 Servicios sociales A supervisora da planta ordéalle que no desempeño das súas funcións extreme a profilaxe. Que entende vostede con esta medida?
Pregunta 57 de 100 · N.º original 58 Servicios sociales Destinados no almacén debemos extremar ao máximo as normas de mecánica corporal para evitar lesións, en especial dorsolumbares, por eso temos que saber que en postura de sentado, non se deberían manipular cargas de máis de:
Pregunta 58 de 100 · N.º original 59 Servicios sociales Mentres está a realizar a súa quenda de noite como celador de porta no Servizo de Urxencias, observa que o rótulo luminoso que indica a entrada das urxencias non funciona. Que deberá facer?:
Pregunta 59 de 100 · N.º original 60 Servicios sociales Unha enfermeira do servizo de Quirófano pídelle que asee a unha paciente que vai ser operada de urxencia. Vostede, celadora:
Pregunta 60 de 100 · N.º original 61 Servicios sociales Realizando a súa quenda de noite como celadora do Servizo de Urxencias, un paciente que está nun dos boxes de exploración pídelle algo para calmar a súa forte dor. Que tería que facer vostede?:
Pregunta 61 de 100 · N.º original 62 Servicios sociales A anestesista do quirófano no que se atopa vostede traballando, pídelle que comprobe a carga da bombona de osíxeno antes de trasladar ao paciente a reanimación. Que terá que facer?:
Pregunta 62 de 100 · N.º original 63 Servicios sociales O enfermeiro pídelle que lle achegue o instrumento que sirva para medir a presión arterial. Cal é a opción falsa?
Pregunta 63 de 100 · N.º original 64 Servicios sociales Destinado no servicio de anatomía patolóxica como celador, escoita a dous facultativos falar de ortotanasia. Das seguintes opcións, cal é a correcta respecto á ortotanasia?
Pregunta 64 de 100 · N.º original 65 Servicios sociales Traballando no quirófano, a cirurxiá pídelle a realización de varias tarefas, cales son as propias como celador de quirófano?:
Pregunta 65 de 100 · N.º original 66 Servicios sociales En canto aos medios de transporte para o traslado de cadáveres e restos cadavéricos, sinale a opción correcta.
Pregunta 66 de 100 · N.º original 67 Servicios sociales Traballando como celadora de porta do Servizo de Urxencias, os familiares que traen a un paciente coméntanlle que ten dor no peito e antecedentes de infarto. Sinale a actuación correcta:
Pregunta 67 de 100 · N.º original 68 Servicios sociales Durante o traslado dun paciente en cama, dende a planta de hospitalización ó servizo de Hemodiálise, temos que descender por unha pendente. Cal será a forma máis axeitada?
Pregunta 68 de 100 · N.º original 69 Servicios sociales Ao entrar a mobilizar a un paciente en quirófano, a última peza da vestimenta de protección que se poñerá será:
Pregunta 69 de 100 · N.º original 70 Servicios sociales Un usuario diríxese a vostede e pregúntalle onde pode solicitar información sobre a súa Historia Clínica. Vostede:
Pregunta 70 de 100 · N.º original 71 Servicios sociales Un paciente que está a ser atendido nun box de urxencias, sofre unha parada cardiorrespiratoria. O facultativo ao cargo pídelle que o coloque de forma adecuada para entubar ao paciente. Como deberá proceder?:
Pregunta 71 de 100 · N.º original 72 Servicios sociales Traballando no Servizo de Psiquiatría ten que axudar a inmobilizar a un paciente axitado na súa propia cama. Para iso:
Pregunta 72 de 100 · N.º original 73 Servicios sociales Un compañeiro celador sobe dende Urxencias á planta de Medicina Interna un paciente para ingresalo. Vostede decide que van usar o "transfer", por eso:
Pregunta 73 de 100 · N.º original 74 Servicios sociales O supervisor da planta na que traballa como celador, pídelle axuda para facer limpeza. Vostede:
Pregunta 74 de 100 · N.º original 75 Servicios sociales Que terá que ter vostede en conta como celador, na mobilización dos pacientes encamados na planta de Medicina Interna que lle foi asignada hoxe, para desempeñar as súas funcións?
Pregunta 75 de 100 · N.º original 76 Servicios sociales No servizo no que vostede está traballando hoxe no turno de mañá, ordéanlle trasladar a un paciente da cama á padiola. Que deberá vostede ter en conta para a dita mobilización?
Pregunta 76 de 100 · N.º original 77 Servicios sociales Para un curso de formación que se está a impartir no hospital da súa cidade, pídennos facer debuxos e edición de imaxes. Que programa utilizariamos para realizar estas tarefas?.
Pregunta 77 de 100 · N.º original 78 Servicios sociales Cando vai camiño do laboratorio cunha bandexa de mostras, un usuario dille que se fundiu unha lámpada dos aseos públicos. Vostede:
Pregunta 78 de 100 · N.º original 79 Prevención de riesgos laborales Cando estamos colocando un paquete nunha estantería do almacén, segundo a normativa vixente sobre manipulación manual de cargas, o peso teórico recomendado, coa carga alonxada do corpo e á altura da cabeza será:
Pregunta 79 de 100 · N.º original 80 Servicios sociales Como celador destinado en anatomía patolóxica deberá coñecer as condicións que ten que cumprir unha sala de autopsias. Sinale a opción incorrecta.
Pregunta 80 de 100 · N.º original 81 Servicios sociales Está vostede destinado na Unidade de Críticos do seu hospital. Sinale cal dos principios que rixen nesta unidade é erróneo:
Pregunta 81 de 100 · N.º original 82 Servicios sociales En que caso se poderían enterrar dous ou máis cadáveres nun mesmo féretro? Sinale a opción correcta.
Pregunta 82 de 100 · N.º original 83 Servicios sociales Traballando como celadora no almacén ten que levar un pedido nunha transpaleta manual e no percorrido hai que descender unha pequena pendente. Sinale a opción correcta.
Pregunta 83 de 100 · N.º original 84 Servicios sociales Comunícanlle que lle corresponde axudar a trasladar a un paciente politraumatizado desde un box de urxencias á UCI. Cando dará por finalizada esta tarefa?:
Pregunta 84 de 100 · N.º original 85 Servicios sociales Temos que trasladar a un paciente da cama a unha cadeira de descanso, tendo en conta que o paciente ten as pernas escaioladas. Como realizaremos a mobilización?
Pregunta 85 de 100 · N.º original 86 Informática y TIC Ten que copiar un parágrafo dun texto utilizando soamente o teclado, unha vez selecionado o texto, que tecla ou teclas usaría?
Pregunta 86 de 100 · N.º original 87 Servicios sociales No seu posto de traballo nunha planta de hospitalización, vostede, celador, porá luvas:
Pregunta 87 de 100 · N.º original 88 Informática y TIC Para a realización do noso traballo é necesario consultar o correo eletrónico. Podemos usar:
Pregunta 88 de 100 · N.º original 89 Servicios sociales Van facer unha suxeición mecánica ou inmobilización parcial. Para iso:
Pregunta 89 de 100 · N.º original 90 Informática y TIC Necesitamos enviar un correo electrónico. Cales son os campos máis importantes a ter en conta?
Pregunta 90 de 100 · N.º original 91 Servicios sociales O supervisor de planta ordéalle levantar a un paciente, o cal colabora, desde a cama á cadeira de rodas. Cal será a súa actuación?
Pregunta 91 de 100 · N.º original 92 Servicios sociales Como traballador so servizo de Raios, sabe que son materiais que se usan como contraste nas probas radiolóxicas:
Pregunta 92 de 100 · N.º original 93 Servicios sociales Cando vaia a buscar a un paciente para o seu traslado ao quirófano, o primeiro que debe comprobar é:
Pregunta 93 de 100 · N.º original 94 Servicios sociales Durante a quenda de noite, é vostede requirido na Unidade de Críticos por parte do persoal sanitario para recolocar a un paciente con sospeita de tuberculose. Como debe proceder?
Pregunta 94 de 100 · N.º original 95 Servicios sociales En moitos laboratorios para a esterilización de material de vidro úsase a estufa Poupinell; se se traballa coa estufa a 160ºC, canto tempo durará o proceso?
Pregunta 95 de 100 · N.º original 96 Servicios sociales Cando se usa plasma de peróxido de hidróxeno como método de esterilización hai que saber que é un proceso:
Pregunta 96 de 100 · N.º original 97 Servicios sociales Cando estivo destinado no servicio de farmacia como celador fixouse en que os residuos procedentes da preparación de citostáticos recóllense en contenedores específicos para eles. Segundo a normativa vixente, a que clase de residuos pertenecen os citostáticos?
Pregunta 97 de 100 · N.º original 98 Informática y TIC Precisamos crear un documento que permita levar o rexistro das notas do alumnado asistente a unha formación. Que programa recomendaría?.
Pregunta 98 de 100 · N.º original 99 Servicios sociales Estando a traballar no quirófano, o celador de farmacia entregoulle unha medicación etiquetada como "termolábil", ante o cal deberá:
Pregunta 99 de 100 · N.º original 100 Servicios sociales O celador de farmacia, movendo unhas caixas de soros no almacén, choca cun extintor e desengánchase da parede. Segundo a lexislación actual, cal é a altura máxima á que debe estar colocado un extintor, contando dende o chan ata a parte superior do extintor?
Pregunta 100 de 100 · Reserva original 101 Servicios sociales Cal dos seguintes equipamentos é esixible tanto ás ambulancias asistenciais como ás non asistenciais?:

Pregunta anulada por el tribunal

Ver todas las anuladas

El tribunal anuló 1 pregunta de este examen. No se incluye en el test ni cuenta para la nota. Se muestra el motivo de la anulación.

  1. Pregunta original 6. Indique a resposta correcta. Cando mobilizamos a un paciente, será mellor:

    Servicios sociales

    • a) Comezar sempre pola cabeza.
    • b) Escorregar e empurrar que levantar.
    • c) Levantar sempre ao unísono.
    • d) Empurrar e levantar que escorregar.

    Motivo de la anulación: Anulada por el tribunal: el enunciado no aporta suficiente información (respostas definitivas).

Reservas no activadas

9 preguntas de reserva del cuestionario oficial no se activaron: no hizo falta para sustituir preguntas anuladas. Se muestran con la respuesta de la plantilla oficial, pero no se incluyen en el test ni cuentan para la nota.

  1. Reserva original 102. Cal das seguintes é unha característica ideal dun desinfectante de alto nivel?

    Servicios sociales

    • a) Que deixe coloreada a pel e as superficies de equipos e instalacións para que quede constancia da súa boa eficacia.
    • b) Que acade un alto nivel de desinfección en menos de 20 minutos para minimizar o tempo de rotación entre enfermos. Respuesta de la plantilla oficial
    • c) Que teña requerimentos especiais para a súa eliminación.
    • d) Son correctas as opcións B e C.
  2. Reserva original 103. As biopsias intraoperatorias que precisen estudo microscópico deben de ser trasladadas polo celador ao:

    Servicios sociales

    • a) Servizo de Anatomía Patolóxica. Respuesta de la plantilla oficial
    • b) Banco de Sangue.
    • c) Servizo de Radiodiagnóstico.
    • d) Servizo de Anatomía Patolóxica, pero o traslado deberá facelo a enfermeira circulante.
  3. Reserva original 104. As funcións a realizar polo celador:

    Servicios sociales

    • a) Están recollidas no Estatuto de Persoal non Sanitario ao Servizo das Institucións Sanitarias do SERGAS (DOG nº 174 de 22 de xullo de 1971).
    • b) Están recollidas no Estatuto de Persoal non Sanitario ao Servizo das Institucións Sanitarias da Seguridade Social (BOE nº174 de 22 de xullo de 1971). Respuesta de la plantilla oficial
    • c) Serán as aprobadas para cada Centro de traballo pola Xunta de Persoal, tendo en conta as necesidade de cada centro sanitario.
    • d) As funcións recollidas no Estaturo de Persoal non Sanitario xa non están vixentes.
  4. Reserva original 105. Na mobilización de pacientes. O arnés é:

    Servicios sociales

    • a) Un dispositivo de limpeza.
    • b) Un dispositivo de inmobilización do paciente.
    • c) Un dispositivo de elevación do paciente con pouca mobilidade. Respuesta de la plantilla oficial
    • d) Un dispositivo de recuperación funcional.
  5. Reserva original 106. En canto aos coidados que deben de tomar os celadores e o resto do persoal nunha Unidade de Críticos para evitar a infección nosocomial, podemos afirmar que:

    Servicios sociales

    • a) Deben lavar as mans tralo contacto con cada paciente. Respuesta de la plantilla oficial
    • b) É abondo cambiar de luvas tralo contacto con cada paciente.
    • c) Deben cambiar as luvas soamente se é un paciente infeccioso e nese caso, deberían lavar as mans.
    • d) Deben empregar luvas estériles.
  6. Reserva original 107. Traballando en reprografía sabemos que para reducir o tamaño de copia hai que usar a memoria "zoom" da fotocopiadora. A que redución sería preciso chegar, aproximadamente, para pasar dun formato DIN A3 a un formato DIN A4?

    Servicios sociales

    • a) 141%.
    • b) 50%.
    • c) 70%. Respuesta de la plantilla oficial
    • d) 81%.
  7. Reserva original 108. O cursor é unha marca que nos indica o lugar da pantalla onde aparecerá o próximo carácter que premamos. Que tecla ou combinación de teclas poderemos usar para posicionar o cursor en lugares determinados do documento?

    Servicios sociales

    • a) Inicio.
    • b) Control + Inicio.
    • c) Control + Fin.
    • d) Todas as respostas son correctas. Respuesta de la plantilla oficial
  8. Reserva original 109. Que nivel de asepsia requiren os termómetros rectais?

    Servicios sociales

    • a) Esterilización por tratarse de material crítico.
    • b) Desinfección por tratarse de material semicrítico. Respuesta de la plantilla oficial
    • c) Limpeza a fondo por tratarse de material non crítico.
    • d) Ningunha das opcións anteriores é correcta.
  9. Reserva original 110. Chámanlle para cubrir unhas vacacións no mes de decembro. A supervisora da planta que lle asignaron, pregúntalle se vostede sabe por que é necesaria a mobilización ou cambios posturais dos pacientes encamados. Cal sería a resposta correcta?

    Servicios sociales

    • a) Para que descansen máis tempo os pacientes.
    • b) Para evitar a formación de escaras. Respuesta de la plantilla oficial
    • c) Para facilitar a sondaxe.
    • d) Ningunha resposta é correcta.

Fuentes oficiales

Cuestionario oficial (SHA-256 fc479bb0377edc35…) y plantilla de respuestas (SHA-256 ca5d8916584e974d…) publicados por el organismo. Parte específica del celador del SERGAS (OPE 2017); anulada la E6 y entra la primera reserva teórica. Numeración reordenada para dejar las reservas al final.

Denominación del examen: 2.º ejercicio: parte específica (teórica y práctica) (test) - Celador/a (OPE 2017) (Servizo Galego de Saúde (SERGAS))

Más exámenes de Celador/a

Ver todos